PRESENTACIÓN

 Hola a todos. Neste curso 2020-2021 que empeza, este blog será básico para seguemento e reforzo no desenvolvemento do curso, na interacción conmigo e ademáis para repaso e profundización en todalas materias que vos dou. Concretamente en Bioloxía e Xeoloxía de 1º da ESO e de 3º da ESO, tamén na Cultura Científica de 4º da ESO.  É dicir, trataremos de que todo o que vos conto na aula, podades telo tamén dispoñible via web, neste blog, que tamén servirá para poñervos en contacto conmigo. 

Cada entrada do blog podedes seguila cronolóxicamente, a partir do mes e ano en curso, ou ben por outras etiquetas que vos permiten identificar contidos do temario, curso, ou simplemente tema específico. 

Recoméndovos que nas vosas entradas, pondo pregunta, o fagades a través dun correo electrónico tipo gmail, xa que seredes moitos e non vou a responder a anónimos. Teredes que indicar nome, correo e curso. Tratando de ser concretos nas cuestións e no que pedides. (Si facedes unha intervención en calquera entrada deste blog, facedea dicindo quen sodes: APELIDOS, NOME, CURSO e sobre qué é a cuestión). 

Esperemos que non teñamos ningún problema e que este seguemento en paralelo da materia axude a acadar de xeito máis sinxelo e eficiente os obxectivos académicos de este curso. 

Sen máis, un cordial saúdo e benvidos ao novo curso no IES O Couto, 2020-2021. 

Mª Teresa Rodríguez Garrido. 


MOI IMPORTANTE: 
Cada domingo, con periodicidade semanal ou bisemanal ao máximo, teredes este blog actualizado en contidos para cada un dos cursos E MATERIAS que teño asignados de acordo coa programación didáctica deste curso 2020-2021. Do mesmo xeito podedes buscar etiquetas e entradas máis antiguas neste blog e tamén no blogue :   El Cemino de Eva. 


Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog